fbpx
Xaquín Villar Somoza

Estas letras, na súa lembranza, para que a desmemoria non borre o seu legado

O enterro de Xaquín Villar Somoza, médico rural da Comarca do Deza (Galicia, España), foi unha verdadeira manifestación de xente; como poucas se recordan nese tempo.
Morreu o 13 de decembro de 1975 á idade de 71; un ano despois de xubilarse.
Transcurridos cinco anos da súa norte, seguíano lembrando. Fixéronlle unha emotiva homenaxe e dedicáronlle unha placa na súa casa natal, en Merza (concello de Vila de Cruces, provincia de Pontevedra, Galicia, España) da que nunca chegou a marchar.

A placa que lembra o agradecemento de Merza ao seu médico

Os seus pacientes encargáronse de manter en pé a súa memoria e, cando xa non puideron seguir contando, quedaron fillos e familiares encargáronse de perpetuar a súa sona de bo médico.

Quen foi atendido por el, falaba con moitísimo respecto e agarimo da súa persoa e, se topaban con algún familiar, mirábano dun xeito especial, en tributo ao seu legado.

Dedicarse á medicina rural tiña moito de heroicidade naqueles tempos e máis tendo cinco fillos.

A forma de pago podía ir dunhas leitugas a un par de polos.

Nunca cobraba aos pacientes (que acudían á súa consulta “privada”, en realidade era unha prolongación do seu exercicio como médico da sanidade pública), por ética e porque coñecía as carencias e a extrema miseria na que vivían os seus conveciños.

Nas datas sinaladas levábanlle  capóns, años, coellos, perdices, troitas, patacas, pasteis, empanadas… o que podían os pacientes, moi humildes, que atendía. A consulta, ademais de gratuita, moitas veces incluía o pagamento das menciñas  ou da viaxe a Santiago de Compostela cando era precisa a consulta a un especialista ou unha operación.


Noutras ocasións era “Doña Pepita”, a súa dona, a que lle daba comida a aqueles pacientes que chegaban de lonxe á súa consulta  

Coa súa dona, Doña Pepita

De médico a médico

Naceu en 1904, na época do reinado de Alfonso XIII (1902-1931); viviu a ditadura de Primo de Rivera e a caída da Monarquía (1923-1931); a Guerra Civil española (1931 -1939) e o réxime do xeneral Franco (1939-1975).

Morreu en 1975, cando comezaba a transición e á democracia en España.

Fillo de dona Amalia Somoza Armesto, parente da escritora e gran pensadora Emilia Pardo Bazán, e do Dr. Joaquín Villar Cajide.
Foi o menor de trece irmáns. Só contraeron matrimonio os homes.

No libro, Por terras do baixo Deza, a parroquia de Sta María de Meza e os seus contornos, autoría do seu fillo xa falecido, Xaquín Villar Calvo, fai referencia á casa Villar-Somoza, onde naceu, morreu e fixo vida profesional o Dr. Xaquín Villar.

Inscrita no catálogo do Patrimonio Histórico-Artístico de Galicia, conserva a arquitectura fundamental do século XVI, aínda que foron incorporadas construcións do século XVIII e do XIX.


Nesta casona funcionou tamén o consultorio. Consérvase instrumental que é unha reliquia para a historia da medicina e libros herdados do seu pai,Dr. Xaquín Villar Cajide, quen foi un médico moi recoñecido, con varios artigos publicados en revistas científicas. Sanaba a neurose ou tics nerviosos, acudindo á hipnose.

O Dr. Xaquín Villar estudou na Universidade de Santiago de Compostela, unha das máis antigas do mundo, cuxa facultade de  Medicina, das mellores de España.

Non viaxou nin quixo formar parte da medicina que se exercía como negocio en Compostela e que a maioría dos seus amigos abrazaron.

O médico rural

Foi médico rural por vocación. Titular de Silleda (Pontevedra, Galicia), atendía tamén moitas outras parroquias próximas e non tan próximas a Merza, no concello de Vila de Cruces, comarca do Deza.


Entón, a diferenza da actualidade, a seguridade social era escasa e correspondíalle atender toda a zona.

Tamén o tiñan en gran estima os presos políticos do franquismo, que traballaban nas minas de wolframio de Fontao, pobo próximo a Merza.

Cando regresaba de noite, no seu cabalo, só, por aqueles montes, ao sentir movementos ou ruídos raros, inquietantes… unha voz que saía da espesura bisbáballe:

“Don Xaquín, vaia tranquilo que somos nós”.  En moitas ocasións librara ou curara de moitas malleiras da garda civil a eses anónimos NÓS que xurdían das sombras.

O seu bisnieta, Ainoha Leis Villar, conserva o bocado ou freo do cabalo do Dr. Xaquín Villar, co cal se trasladaba a visitar aos pacientes e leváballes os seus medicamentos

O pobo de Carbia regaloulle un cabalo para que unha vez ao mes pasase consulta no pobo. Era branco para que se vise ben e desde o que diagnosticaba sen apearse.

O Cuco era a súa sombra, xa case lle falaba e consultaba, como o do escritor e xornalista Álvaro Cunqueiro.

Algunha vez quedábase  durmid e o cabalo levábao ao portalón de casa e aí quedábase ata que acordaba.

Tal vez ese día o parto que estivera atendendo sería difícil…

Outra vez espertou cun forte ruído, espoleou ao cabalo que se negou a dar un paso: estaban ao bordo da fervenza do río Toxa, duns cen metros de desnivel.


Tiña sona de bo médico e á súa consulta chegaba xente, ata de Astorga ou Zamora, ou ben para que lles destaponase os oídos ou para solucionar parálises faciais cun rústico aparello herdado do seu pai.

Consistía nunha pequena plataforma con pilas de linterna que producía pequenas descargas eléctricas, aplicadas cunha especie de pincel de arames.

Un sabio do seu tempo

Saía a todas as horas e en calquera época do ano, se era unha urxencia.
Atendía partos, fracturas, enfermidades comúns, facía de psiquiatra, psicólogo, confesor…

Despois do cabalo tivo un Valilla, coche da época que chegou a netos. Prefería, en todo caso, desprazarse en moto, nove motos foron as que tivo.


Tiña algunhas teorías sobre as enfermidades, moi atinadas e adiantadas para o seu tempo. Por exemplo: estaba convencido que o cancro o producía un virus.

Hoxe en día sábese que moitos tipos de cancro son provocados por virus e, noutros casos, hai grandes sospeitas desta vinculación.

Sempre antepuxo a escoita activa dos problemas do paciente e a súa contorna familiar e laboral ós dogmas ríxidos que se aprendían na Facultade de Medicina, en particular naqueles tempos.

De igual modo, era un gran defensor do  medio ambiente, do bosque galego que sempre o acompañou nos seus días de consulta dacabalo.

Cando se xubilou fóiselle acabando a vida porque os pacientes seguían acudindo e el xa non podía atendelos.

O seu funeral converteuse nunha sucesión de agradecimientos en homenaxe ao gran médico que foi e cuxa memoria honramos polo seu legado a Galicia, á súa historia e á súa xente; a nós.

Por Jorge Villar Liste/Violeta Villar Liste; netos, coa axuda de memorias ausentes e presentes